viernes 6 de noviembre de 2009

ACTA EST FABULA

>Acabouse, nunca se me deron ben as despedidas. Finiquito este blog, esta vez sen esperanza de retorno, pois sei que podería botar 1 mes publicando pra logo pasar outros 7 en silenzo...
Doeme moitisimo, pero eche o que hai...
Estou intentando levar a cabo outro proxecto agora, un blog conxunto cos meus compañeiros de piso: chámase A Pantasma da Pin Up, por se queredes botarlle un ollo.
Farewell, my love
E xa que estamos con topicazos, non pode faltar:

jueves 7 de mayo de 2009

          
Cine frances 
ano: 2002
direccion: yann samuell
género: drama, romance, "comedia"
intepretación: Guillaume Canet (Julien), Marion Cotillard (Sophie) ...
musica: Philippe Rombi.


Quiereme si te atreves, tratase dunha pelicula francesa independiente, coa fotografia e o corte de Amelie ( resaltan as cores verdes e vermello escarlatas), mesma importancia "ás pequenas cousas da vida" pero cun toque de humor inocente na primeira parte; e cecais de humor negro ou demasiado negro na segunda parte. Non se trata exactamente dunha pelicula de amor como quere explicar o titulo en español, se non como en francés dun Xogo de Nenos. 
A historia comeza, xa de primeiras mostrandonos o que sucederá o final, unha bonita caixa con motivos dun tiovivo, sepultado enriba dun bloque de hormigón, avisannos de que hai multitude de xogos pero hai a un que é mellor non xogar: ó CAPAZ OU INCAPAZ.  Julien é un neno ó que a sua nai ( enferma de cancro) lle regala unha bonita caixa, e este coñece a unha rapaza polaca marxinada polos outros nenos, levado pola sua bondade regalalle a caixa coa condicion que lla deixe de vez en cando, sin embargo ela, orgullosa dille que que é iso de dar e quitar?, que se quere a caixa ten que xogar,  capaz ou incapaz? comeza o xogo.  Na primeira parte os xogos ainda que atrevidos son trastadas, inocentes. Trala morte da nai de Julien, e cun pai facilmente irascible, afianza a sua realación con sophie volvendose inseparables e seguen coas suas trasnadas ata que son maiores. Pero chega un momento en que sin darse conta chega o amor, traducido unha vez mais nun capaz ou incapaz. Topanse que isto xa non é un xogo é a vida real, e levado un polo orgullo, e outro pola inmadurez, alonxanse de si. Os encontros seguintes o longo dos anos non quitaran do medio ó xogo, que se adueñou das suas vidas, nin tampouco o seu amor que a pesar dos odios, rencores etcs non desaparece, volvendose ó final, nun xogo sadomasoquista e vingativo, mentres co seu "capaz ou incapaz·" estan dicindo "querote ainda mais que a miña vida"
Xogo de nenos non é unha pelicula de amor común, é un puido ser pero non será, é un amor entre unha lua e un sol incapaces de encontrarse no ceo o mesmo tempo. Esta pelicula conten trazas dun lirismo teatral, tipico do cine frances. En si é un teatro que representa a cruda vida real, os camiños da vida, as oportunidades estragadas polo orgullo, a inmadurez, e sobre todo nun xogo comprendido entre dous mundos: o de cando eran nenos e o que se lles presenta como adultos. o problema e que ninguen quere perder. 
pareceume unha pelicula orixinal

domingo 19 de abril de 2009

Camioneros: El éxodo de los Gnomos I - Terry Pratchett

El programa de lectura no estaba dando el resultado esperado. Era cierto que en los libros había cosas útiles, pero costaba mucho encontrarlas entre todo aquel extraño material.
Como lo de la chica y la madriguera del conejo.
De nuevo fue Vinto quien apareció con aquello:
-... Y cae por el agujero y encuentra a un conejo con un reloj de bolsillo (yo se que es un conejo), y luego descubre un frasco con un bebedizo que la hace GRANDE, enorme, y también hay otro frasco que la hace pequeña, diminuta - explicó de carrerilla el joven gnomo - de modo que lo único que tenemos que hacer es encontrar otro frasco de ese líquido que hace GRANDE, y entonces uno de nosotros podrá conducir el camión.
Masklin no se atrevió a desechar la propuesta. Si había modo de que un gnomo alcanzara el tamaño de un humano, eso facilitaría los planes.
Camioneros é a primeira parte da triloxía El Éxodo de los Gnomos, de Terry Pratchett e que narra o periplo dun grupo de gnomos ata un centro comercial, onde descubren toda unha peculiar sociedade de gnomos que nunca ollou o mundo exterior. Xuntos deberán emprende-la búsqueda dun novo fogar para vivir sen a ameaza dos humanos.
Na liña de fantasía cómica de Patchett, a historia destes gnomos é orixinal, hilarante e divertida. ademais, se as obras de Pratchett traslocen moitas veces pequenas críticas sociais, creo que neste caso son moito máis abertas contra a contaminación, o dogmatismo e algunhas teimas humanas da sociedade.
Que pequechas me quedan as críticas ultimamente...

Arrugas - Paco Roca

Arrugas conta a historia de Emilio, un señor maior de setenta e dous anos que é hospedado pola súa familia nunha residencia de anciáns. Paulatinamente comeza a perderse e esquece-los nomes das cousas e incluso dos seus novos amigos ata perde-la cabeza completamente...
Arrugas é un comic de rapida lectura pero dixestión lenta. É emotivo, ata o punto de case chorar, é divertido pero triste ó mesmo tempo. O debuxo non destaca especialmente pero os recursos narrativos dende a primeira folla mostran, con tremenda amabilidade, a dureza do alzheimer.
Arrugas recomendouno Randy no seu blog hai un tempo e eu trasmitinlle as súas opinións a Korzowei, que lle falou del a Elena, que o mercou e mo deixou... isto non ten nada que ver, pero faime gracia ver como circulan as ideas.

martes 7 de abril de 2009

Maus - Art Spiegelman

Aquí podedes ler unha boa reseña sobre o libro en cuestión: RESEÑA MAUS

Maus é outra historia sobre o Holocausto, todos sabemos que os nazis foron moi malos e os xudeus ratas nunha rateira. Da pena, si, e cabrea, tamén, pero non conta nada novo... ou se cadra si, mostra un xudeus con cara de rata, pero pese a iso máis humanos que os do neno co pixama de raias, que, se é necesario, non dubidan en foderse mutuamente para sobrevivir...
Pero se lin Maus non foi por ler sobre xenoicidios sobrexplotados culturalmente -non me vou excusar, non son politicamente correcto- se non pola renovación estilística do xenero comic que me prometeran. A reseña que vos ligo fala do asunto millor do que o podería facer eu sen parafrasear. Tan so direi que antes de ler Maus lin Watchmen, que son aproximadamente contemporáneos, e que ó lado do primeiro a renovación do primeiro queda un pouco en panos menores.

jueves 2 de abril de 2009

The Lounge Lizards

Fozando o outro día en Wikipedia topei cun artigo sobre unha corrente do Jazz que xurdiu a metade dos 70s. Investigando en Goear din con esto:


Pareceume unha obra mestra digna da banda sonora da mellor película de detectives en branco e negro, pero non me pareceu nada punk. A miña benquerida amiga Laurípides sinaloume que de punk tiña o de durar dous minutos e medio. Hai un anaco deume por ver se topaba algo en Youtube e din con esto, que xa soaba moito máis punk:


Nin que dicir hai que xa están baixando, pero tranquilos, que non pillarei unha sobredose, como me pasou con Coltrane pois nin se achega apenas a My Favorite Things

sábado 28 de marzo de 2009

Akira

Akira é unha película de animación xaponesa do ano 1988, baseada no comic homónimo de Katsuhiro Otomo. É un verdadeiro clásico que vin o outro día, despois de tela visto por primeira vez hai uns cantos anos. Se na primeira visualización me resultou
Akira sitúase nun futuro alternativo próximo, no ano 2019, na cidade de Neo-Tokyo, construida sobre as ruinas da antiga Tokyo trala Terceira Guerra Mundia. Neo-Tokyo é unha cidade ó borde do colapso pola crise política e social onde cinetíficos e militares investigan a Enerxía Absoluta. Dous moteros, Kaneda -non confundir co presidente do Compos- e Tetsuo veranse envoltos no... HOSTIA!
Paréceme moi complicado sintetizar dúas horas de película nun parágrafo. Así que miradea pra enterarvos.
A trama argumental é entretida, profunda e regada con grandes doses de violencia gratuita e ata se poden ver un par de tetas -que non son gran cousa, pero que a primeira vez que a vira me impactaran profundamente- e permite unha crítica ós políticos corruptos, á brutalidade policial, ó sistema educativo e de reinserción xuvenil, ó densenvolvemento científico e tecnolóxico desmesurado e a unha Guerra Fría que daba nos 80s os seus últimos coleazos.
No aparado gráfico brillan con forza os escenarios e fondos, que foron traballados con esmero. Non podo te-la mesma opinión da banda sonora, que non me gustou nadiña.
Comentaronme aqueles que o leron que o comic é unha oba monumental, que adica un tomo enteiro dos seis que ten á conflictividade social e da unha visión máis completa da historia. O filme presenta certas alternativas pois foi rodado antes de remata-la publicación do comic no que se inspira e nel resulta imposible abordar con tanta profundidade os diversos temas tratados.
Comentaba con Carrasco o seu parecio a Watchmen sobre todo no ambiente que presenta, a estructura do argumento e sobretodo no feito de que os finais sexan distintos na película que no comic. Non en van son obras contemporaneas entre si e que mostran as inquedanzas dos autores sobre a cara donde se encamiña o mundo de finais do século XX.
Cada vez gustame menos como comento as películas... Dame a sensación de que non sei facelo. Inda así, anímovos a todos a ver está.

lunes 23 de marzo de 2009

Xogo NDS: Hotel Dusk, Room 215

Non sei se sabedes que miña señora nai ten unha Nintendo DS, esa consola portatil de Nintendo (como o seu propio nome indica!) con dúas pantallas e que ten como característica máis salientable o feito de que unha delas é táctil.
Como deduciriades do título da entrada, non vou falar aqui das virtudes da consola de marras, bueno, en certo modo si, pois falarei dun xogo moi bo para esta plataforma.

28 de Decembro de 1979. Kyle Hyde, ex-detective do departamento de policía de Nova York metido a vendedor fai noite nun hotel de estrada de Nevada. Alí hospédase na habitación 215, que se rumorea concede desexos... Hyde, que viaxa na procura do seu ex-compañeiro Brian Bradley verase envolto nunha trama chea de segredos, mentiras e verdades a medias na que están envoltos tódolos hóspedes e persoal do hotel.
A historia consegue manter a atmósfera de misterio bastante ben e nos últimos capítulos FRANCAMENTE MOI BEN, pois paseimos intrigado e absorto completamente pola trama, digna dunha novela negra. Tanto é así que o xogo denomínase, e é, unha novela gráfica onde as conversacións sosteñen o fundamental do argumento. So existen algúns aspectos inconexos e un final que deixa dous cabos sen atar...
A música é bastante potable e os gráficos resultóns, cuns escenarios que semellan pintados a pincel e non destacan e un personaxes a carboncillo que conseguen trasmitir moi ben as sensación a pesares de ter un rexistro de animcións un pouco limitado.
Respecto á xogabilidade, compre sinalar que é un título que permite segui-la liña argumental sen problemas que te estanquen, inda que en dúas ocasións bastante concretas estiven atorado e houben de recorrer á guía para sair do marrón. Tamén me ven a cabeza un terceiro punto morto ó que poderíades chegar no final do xogo.
Este título explota bastante ben as características e posibiliades da consola, tendo que usa-la pantalla táctil, soplar e pecha-la tapa para solventar diversos puzzles. Os puzzles supoñen outro punto a favor, variados e ben esparexidos por toda a historia, non son nin moi difíciles nin doados de máis.
En resumo, unha excelente aventra gráfica que me tivo entretido por 12 horas de xogo.

martes 17 de marzo de 2009

Seis Meses de Silenzo

Ese é o tempo que levo sen escribir ren neste meu blogue. As primeiras tres semanas foi por non ter Internet, tres semanas horribles que me permitiron comprobar que o meu era unha addición, e logo sucedeulle á ausencia de Internete esa miña vella compañeira de fatigas: a vagancia.
Pero houbo algo máis, que din en chamar crise ideolóxica, que ten que ver con esa materia de Literatura Medieval e Cultura Contemporánea que din no primeiro cuadrimestre e que tratarei de explicar aquí.... e resultame moi dificil explica-las razóns desa crise ideolóxica sen aludir ó concepto clave de Postmodernidade, que non entrarie a explicar, que para iso hai libros de filosofía e a súa versión caseira: a Wikipedia.
Basta quedarse a grosso modo con que se trata dun proceso cultural no cal estamos todavía inmersos e que se caracteriza pola crise dos valores, ideoloxías e discursos tradicionais. Co seu coñecemento profundo - pois xa o mencionaramos de pasada nas clases de Antropoloxía do ano pasado - plantexeime moitas cousas e entre elas a continuidade do meu blogue, levaba moito tempo parado e cuestionabame a súa finalidade e se a alguén lle interesaban as miñas opinións culturetas sobre libros e pelis ou as anécdotas varias das que falaba.
A mediados de xaneiro comentara isto cun colega que me saca uns cantos anos e respondérame que se trataba dun ataque agudo do que el denomina Universitis - sobre isto non toparedes información na wikipedia, pois é un concepto acuñado persoalmente por el - e que parece consistir nun cuestionamento das aficións que afecta a estudantes universitarios que cren que con elas non aportan ren ó mundo.
A especie de bronca que me botou foi non a causa, se non o incentivo que me motivou a continuar, pero pensei en deixalo para despois dos exames, esa época terrible que no calendario aparece baixo o nome de febreiro e que se aveciñaba xa.
O meu febreiro durou moito máis que 28 días, durou ata o Venres 13 do presente marzal, cando fixen o derradeiro exame e puiden ser libre. A mera mención do periodo de exames, estando tan recente, prodúceme dor de cabeza, así que non entrarei en detalles.
Contareivos pola contra que ando nun proceso de desintoxicación consistente en perde-lo tempo: saindo de festa, botando sestas en Bonaval, vendo películas e xogando de novo ó Final Fantasy IX. Que estou pensando en facer unha serie de reformas no blogue e cambialo de servidor incluso, á espera do dominio .gal pero que mentres sexan vostedes benvidos ó novo Brumas da Bretaña

miércoles 1 de octubre de 2008

En Compostela

En Compostela pode un home
escoller óboe e docísimo cor ó contrapaso
decaer nos tremedoiros
(VIBRA, CORAZÓN GASTADO!)
tenra especie de prantas espirais
e añuca ou seixo de xogar antre os dedos.

Pode pedra luída
alzarte sobre sí coma un guerreiro
é proclamado rei de oucas e carballeiras vellas.

En Compostela pode un vento duro
estremecer o corazón da Europa campesiña
que todos temos dentro sen dicilo.

En Compostela soan polonesas,
nacionalmente, en moitos plenilunios
cabo de trasparentes ollos, mortos,
e un barroco de bronce ergue paxaros de duro mármore
e oubean os couselos
nas murallas de San Martiño Pinario.

En Compostela, enfin,
compañías de mortos compañeiros
comen caldo insumiso na lmebranza ilustrada
(VOTO POR VÓS: ROSALÍA, PONDAL, FARALDO)
das cabezas alzadas.

En Compostela está o que perdemos
e vai nacendo noutros e isto é o grande milagre
(UNHA LAPA LENE, UNHA CANDELEXA!)
da conciencia desta patria
conservada en pequenos corazóns
ardentes con fogo doce que non morre.

En Compostela soterraron a semente
chamada Xohán Xesús González, porta
dun futuro suntuoso e proletario
que avanza cara nós con alboroto
e vénme o arreguizo somentes de pensalo e de amalo.

En Compostela estamos
moitos xa para sempre derrotados.

Con Pólvora e Magnolias
X. L. Méndez Ferrín

Xa estou de volta, o primeiro día, como tódolos primeiros días, foi un día de rencontros e toma de contacto, co aliciente desta vez, que non todo o mundo coñecía o meu corte de pelo... Lopo mostrounos a súa poderosa retórica a primeira hora, Villanueva apareceu para dicir que comezabamos mañá e coñecemos á unha das de Medieval dos Reinos Hispánicos, alias A Borracha segundo os Camechou. A maña pechouse ás 13:00 trala clase de Contemporanea de España con dous profesores que xogaban ó Poli Bo, Poli Malo...
O máis divertido é que xa temos deberes e que, inda que todo o mundo di que Segundo é o curso máis duro e todas esas lerias, non imaxinei que a diferencia se marcara dende o primeiro día.
Pola tarde Francés na Escola de Idiomas, que foi unha presentación si, porque aprendemos a dicir Bonjour, Ça va? e outros saudos, pero xa entramos en materia. A de Libre Configuración en Filoloxía -Literatura Medieval e Cultura Contemporanea- foi mellor do que esperaba, e xa imaxinaredes canto espero dunha asignatura alcumada A Friki.