Esta vez paso da ficha técnica por obvia...Fun ver esta peli ó cine cunha recua de historios o xoves pola noite. O argumento tamén creo que se pode obviar... O noso querido Indy ten que topar antes que os malos de turno (Sovieticos neste caso, que a peli transcurre en 1957) un obxeto misterioso de increible poder...
Reune tódolos ingredientes necesarios para unha peli do seu estilo: un guión que brilla pola súa mediocridade, efectos especiais, escenas de acción en sitios exóticos, persecucións... vamos que entreten o seu, que é o que conta.
O punto que máis me chamou a atención é como Spilberg consigue mezclar as teorías de que as civilizacións antigas estilo aztecas e exipcios contactaban con extraterrestres co incidente Roswell. Isto indignou a algúns dos meus compañeiros pero a min pareceme unha mestura moi interesante.
Pero cecais o momento culminante da película é cando, no medio dunha persecución pola universidade de Chicago, o profesor Jones recomeda a un dos seus alumnos ler a Gordon Childe, do que so nos rimos a recua de historios, se cadra por sermos os unicos que coñecemos a Childe... Outro momento épico foi darme conta de que, se ben a mala aparece como o "ollo dereito de Stalin" e fanse bastantes referencias ó mesmo como gobernante da URSS, Iosef Stalin morrera en 1953, 4 anos antes dos acontecementos do filme. Outro erro que crimos ver é que data unhas pinturas Neolíticas a traves dos pigmentos usados: cobre e oxido ferro. O problema é o seguinte, no neolítico descoñecíase a metalúrxia, pero non teño a máis remota idea de se usaban metais como pigmentos... Tras expoñer este dilema histórico, despídome.
1 comentarios:
Bueno, pues aqui te comenta un historio, o un masoca, por donde lo mires... quien si no te hablaria y te confirmaría cosas de corte más científico?? si, ese soy yo, Pablo xDD
bueno, confirmarte solamente que es cierto el uso de esos "metales" como pigmentos, de hecho, el óxido de hierro es el típico rojo de los bisontes/uros/toros/lo que haya en la zona. Las pinturas en Egipto eran del mismo estilo, muchas veces mezcladas en agua para difuminar el color...
merda!! acábome de dar conta de que non o teño en galego, e que tou moi vago para reescribilo, e que quéimase o que teño ao lume!!!
vemonos!!
Publicar un comentario en la entrada